La Opinión A Coruña – Carta aberta desde a Fábrica de Armas

20160603 Carta Comite CoruñaVer artículo

La Opinion A Coruña - Logo

Carta aberta desde a Fábrica de Armas

Roberto Teijido Corral 05.06.2016 | 18:20

O antigo comité de empresa da Fábrica de Armas e os traballadores despedidos trasladan aos organismos públicos (partidos políticos, Xunta e Goberno central) e ao conxunto da cidadanía, a situación pola que estamos a pasar cando están a punto de cumprirse tres anos do noso despedimento (xuño de 2013), e do peche da Fábrica de Armas por parte de Santa Bárbara Sistemas.

Queremos compartir con todos as seguintes reflexións, como levamos tentando nesta longa etapa de reivindicacións e denuncias (ante o Ministerio de Defensa, Xunta, Delegación do Goberno, Axencia Tributaria, Valedora do Pobo, Concello…) por parte dos 61 traballadores despedidos. Iniciamos esta loita encamiñada a acadar que a Fábrica de Armas non pechara e tivera un tratamento igual ao que tiveron as fábricas de Santa Bárbara en Murcia (adxudicación directa a Expal) ou un concurso público como o que se deu na fábrica de Palencia (adxudicación vía concurso a NAMO nun proceso que tivo unha duración de casi un ano). En ámbolos dous casos non houbo ningún tipo de despedimentos.

Pero, claro, neste trato diferencial e negativo para Galicia é chocante que nestas autonomías (Murcia e Castilla León) os Gobernos do PP si que estiveron a altura das circunstancias e acadaron que non houbera despedimentos e se mantivera fora da influencia de Santa Bárbara Sistemas a actividade industrial e os empregos.

En cambio, en Galicia foi a nosa loita e a das nosas familias e dos cidadáns que nos apoiaron, o que permitiu unha luz de esperanza cando despois de máis de dez meses encerrados na factoría para impedir o desmantelamento da mesma e que se nos dera un trato igual ou similar ao que se desenvolveu en Casilla León ou en Murcia, abandonamos o peche nas instalacións, algo quenos puxera o Ministerio de Defensa como condición previa para sacar as instalacións a concurso público.

E aquí foi cando cometimos o gran erro de fiarnos da promesa do Ministerio de Defensa e da Xunta de que o concurso ía a ser igual ou similar ao realizado en Palencia. Nada máis lonxe da realidade, xa que está claro que foi un concurso amañado para garantir o fracaso industrial ao ser o seu adxudicatario unha empresa denominada Hércules de Armamento (que se constitúe dez meses antes da adxudicación -decembro de 2013-, cun capital social de 3.000 euros).

Nós, ao detectar estas circunstancias, cursamos as denuncias necesarias ante os organismos e estamentos (Ministerio de Defensa, Axencia Tributaria, Xunta, Valedora do Pobo, Concello, Fiscalía…). É chamativo que o único organismo que nos contesta por escrito e a Valedora do Pobo.

Diante o silencio do Ministerio, Xunta, Axencia Tributaria e Delegación do Goberno ante as nosas denuncias, se cabe todavía é máis relevante ou chamativo que non contesten vendo como está actualmente a situación da antiga fábrica, xa que como denunciabamos non hai proxecto industrial, polo cal a inmensa maioría dos traballadores levan sen percibir os seus salarios desde agosto do ano pasado con contratos en precario, de dúas a catro horas diarias, a empresa non abona as cuotas da Seguridade Social, non paga a proveedores…

Como e posible nun estado de dereito e constitucional que ante este escándalo, as institucións (Ministerio, Axencia Tributaria, Xunta e Delegación do Goberno) garden silencio e non actúen para corrixir o que é un feito triste e luctuoso para o emprego e a actividade industrial da comarca da Coruña, e para que os cidadáns sigamos crendo que estamos nunha democracia onde se respetan os dereitos que temos recoñecidos dentro da Constitución.

Ou ben o que sucede é que hai outro tipo de implicacións e componendas de que se actúan as Administracións afectadas poida saltar a opinión pública un posible novo caso de corrupción dado neste proceso.

Esperando que ao final se esclareza todo, é polo que os traballadores despedidos con dignidade, sacrificio e a conciencia tranquila levamos tres anos loitando polo emprego e pola actividade industial da antiga Fábrica de Armas, algo que a Xunta non fixo, tal e como si se comprometeron as comunidades autónomas de Castilla León e Murcia a que pervivira a actividade industrial e o emprego, independientemente das trabas de Santa Bárbara Sistemas e do Ministerio de Defensa.”

Anuncios

Acerca de ensantabarbara

"Asociación 55 despedidos - Fábrica de Trubia" Trabajadores despedidos de la filial española de General Dynamics European Land Systems
Galería | Esta entrada fue publicada en Hemeroteca y etiquetada , , , , , . Guarda el enlace permanente.