Carta al Delegado del Gobierno de Galicia

«A/A. DELEGADO DO GOBERNO DE GALICIA
SR. D. SANTIAGO VILLANUEVA

     Os abaixo asinantes dirixímonos a Vde. na sua calidade de representante do Goberno de España para Galicia, para unha vez máis solicitarlle unha xuntanza a maior brevidade posible, na que nos informe das xestións que Vde. se comprometera a realizar ante este Comité de Empresa e os traballadores despedidos.

    Aparte de insistir en que cumpra coa sua obriga como representante público do Goberno de España en Galicia e nos de a xuntanza comprometida por Vde., insistímoslle en trasladarlle unha vez máis o posible escándalo que se da coa actual situación da antiga Fábrica de Armas, que Vde. debería de coñecer.

    1º) ¿É Vde. coñecedor de que na xuntanza celebrada o 2 de Novembro de 2016 pola Comisión de Seguimento do Ministerio de Defensa, con respecto a adxudicación das instalacións da antiga Fábrica de Armas a Hércules de Armamento, quedou claro en base de dita xuntanza, que os incumprimentos dos compromisos contraídos e incumpridos por Hércules de Armamento obrigarían ao Ministerio de defensa a recuperación da concesión das instalacións e á posible convocatoria dun novo concurso?

    2º) ¿Vostede descoñece que si Hércules de Armamento segue coa adxudicación das instalacións da antiga Fábrica de Armas máis alá de Setembro de 2017, pode xerar uns dereitos que hoxe non ten sobre os activos industriais ubicados nas instalacións?

    3º) ¿É Vde. coñecedor que tal e como nós denunciábamos de que Hércules de Armamento era un bluff, e Vde. e o Ministerio de Defensa ao non facer caso das nosas denuncias poidan estar colaborando no posible fraude que se está a cometer ante a Seguridade Social, Facenda Pública, etc.

    4º) ¿Non sabemos se Vde. está ao corriente de que a empresa Hércules de Armamento tal e como nós denunciábamos tamén está a incumprir coas suas obrigas do pago dos salarios e das cotizacións aos traballadores contratados, tal e como se demostra nas concentracións que eles están a demandar tanto do pago dos salarios como de que non existe proxecto industrial.

    5º) ¿Sabe Vostede que a plantilla actual de Hércules de Armamento que entra todos os días non supera a treintena de traballadores, cando no concurso público unha das premisas fundamentáis era que a plantilla mínima esixible era de 150 traballadores/as?

    6º) En base ás preguntas que lle facemos nos apartados 4º) e 5º), xa llas aclaramos nós aportando a este escrito unha foto do pasado Martes 25 de Abril, onde é fácil constatar que o número de traballadores de Hércules de Armamento si se desconta aos cadros sindicais de CIG e CC.OO que participan na mesma, a plantilla de Hércules de Armamento non chega a treintena de traballadores. Polo que hai que preguntarlle ¿dónde están os traballadores que faltan da plantilla de Hércules de Armamento (máis de 130) para cumprir cun dos requisitos obligatorios polo cal lle adxudicaron o concurso público de que a empresa tiña que manter unha plantilla mínima de 150 traballadores?

    Polo cal, como cidadáns e antigos representantes do Comité de Empresa da Fábrica de Armas, entendemos que estamos máis lexitimados que nunca para que si o ten a ben, trasladarlle o seguinte:

   “¿Qué posibles intereses ocultos ou posible trama pode existir, para que a Administración non cumpra coa sua obriga de recuperar a concesión en base aos incumprimentos existentes, e logo proceda a un novo concurso público que poida garantir que na antiga Fábrica de Armas se poida desenrolar un proxecto industrial sólido e de futuro?”

     Quedando a espera da sua contestación, esperamos que cumpra coa sua obriga e nos informe das xestións realizadas ante a Axencia Tributaria e o Ministerio de Defensa.

     Reciba un saúdo.                                                                      A Coruña, 28 de Abril de 2017

Asdo.: Roberto Teijido Corral                                   Asdo.: José Carrillo Souto
Presidente antigo Comité de Empresa                   Vicepresidente antigo Comité de Empresa
Fábrica de Armas de A Coruña                                 Fábrica de Armas de A Coruña»

20170428_Carta_Delegado_Goberno – FAC

Acerca de ensantabarbara

"Asociación 55 despedidos - Fábrica de Trubia" Trabajadores despedidos de la filial española de General Dynamics European Land Systems
Esta entrada fue publicada en Documentos, Hemeroteca y etiquetada , , , . Guarda el enlace permanente.